
Antía Carreira (Lugo, 1995).
cineasta, artista visual e activista cultural. encontra o acougo no cine, a fotografía e as artes visuais.
Constrúe a través do arquivo, establece unha conversa activa coa memoria propia e allea. Os seus filmes “Ola baby: Vídeo-ensaio sobre a miña depresión“(2020), “FORMIGÓN”(2021) e “Ollos que miran”, oscilan entre o documental, o videoarte e a instalación. Destaca tamén o seu traballo de xestión cultural e organización de eventos, dende unha perspectiva onde salienta a colectividade, a creación de redes entre artistas e a experimentación. Nesta liña, crea o seu proxecto de dj "Tonita", Na búsqueda dun ecosistema para a reafirmación dos corpos nos espazos.